Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificado un veciño de Biscaia polo aviso de bomba que paralizou Alvedro

Identificado un veciño de Biscaia polo aviso de bomba que paralizou Alvedro

Tratouse dunha falsa alarma que obrigou a activar un protocolo especial no aeroporto da Coruña

G24.gal 26/02/2022 21:04

A Garda Civil investiga un veciño de Alonsotegi, en Biscaia, por un aviso de bomba nun avión que viña cara a Galicia.

Aconteceu o 19 de novembro, pero ata este sábado non coñecemos o resultado das investigacións do instituto armado. Ese día de novembro puxérase en marcha un dispositivo de emerxencia no aeroporto da Coruña no que participaron máis de 50 axentes da Garda Civil, ata que se comproubou que ningún viaxeiro portaba unha bomba na súa equipaxe.

O home foi quen supostamente afirmou que unha persoa que ía a bordo dun avión que voaba de Bilbao á Coruña levaba un artefacto explosivo. Orixinou a paralización de Alvedro e fixo activar un protocolo especial de seguridade.

A Garda Civil informa de que a investigación concluíu que o motivo da acción foi "a mala relación existente" coa persoa á que denunciou como portadora da bomba.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade