Cargando resultados...
Aspas, Borja Iglesias, Brais Méndez e Gabri Veiga na prelista de Luis Enrique para Qatar
55 xogadores figuran nesta primeira listaxe da que deben saír os 26 elixidos para ir ao mundial
G24.gal
28/10/2022 15:35
Última actualización 28/10/2022 21:54
Iago Aspas é un dos futbolistas que figura na prelista de Luis Enrique para o Mundial de Qatar. Pero non é o único galego, Borja Iglesias, Gabri Veiga e Brais Méndez tamén entraron nesta primeira escolla do seleccionador.
55 xogadores figuran nesta primeira listaxe da que deben saír os 26 elixidos para ir ao mundial. Para coñecer quenes son definitivamente eses 26 nomes teremos que agardar ao vindeiro 11 de novembro. Agora mesmo hai cinco xogadores por posto.