Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Mallo, primeiro futbolista do Celta en xogar 300 partidos en Primeira

Hugo Mallo, primeiro futbolista do Celta en xogar 300 partidos en Primeira

É o terceiro xogador que máis partidos oficiais disputou coa camiseta celeste tras Iago Aspas e Manolo

G24.gal 07/03/2023 15:30 Última actualización 07/03/2023 15:36

O defensa Hugo Mallo é o primeiro futbolista do Celta que disputa 300 partidos en Primeira División, un fito que celebrou no partido que onte á noite enfrontou ao equipo vigués co Atlético Osasuna no Sadar.

O capitán celeste, que acaba contrato o próximo 30 de xaneiro, recuperou a titularidade no once de Carlos Carvalhal nas últimas dúas xornadas de LaLiga, favorecido pola lesión do seu compañeiro Óscar Mingueza, un fixo no sistema do técnico portugués.

Hugo Mallo non poderá ampliar este histórico rexistro o vindeiro sábado ante o Raio Vallecano ao ter que cumprir un partido de sanción por acumulación de tarxetas amarelas. O defensa galego debutou co primeiro equipo do Celta en agosto de 2009 con tan só 18 anos. Actualmente, é o terceiro xogador que máis partidos oficiais disputou coa camiseta celeste tras Iago Aspas e Manolo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade