Homenaxe á primeira promoción de enfermería en Ourense
Son quince alumnas que remataron a súa formación hai 50 anos
Só había quince prazas, e por iso tiveron que pasar un exame de ingreso. Durante tres anos recibiron clases prácticas pola mañá dos médicos que exercían como profesores e teóricas pola tarde. Os exames finais realizábanos en Santiago, e tan pronto se graduaron xa comezaron a traballar debido a carencia que había de enfermeiras.
Cinco décadas despois, son testemuñas dos cambios que experimentou a profesión. De facer de todo pasouse a un traballo máis especializado, afirma Celia Losada, que exerceu boa parte da súa carreira como enfermeira de quirófano. Os avances tecnolóxicos melloraron a atención aos enfermos, pero bota en falta máis humidade, tempo para escoitar e acompañar o paciente.
A Escola de Enfermería de Ourense rendeulles homenaxe como pioneiras dunha profesión con varios retos; entre eles, destaca a actual directora do centro Milagros Fernández, está apostar pola investigación.