O Deportivo busca o liderado ante o Huesca coa TVG en directo desde as 20:05
Hidalgo: "Necesitamos que a xente veña a sufrir"
O partido ante o Huesca poderá verse en directo ás 20:30 horas na primeira canle da TVG
Antonio Hidalgo rebaixou o clima de euforia que hai na contorna deportivista ao insistir unha e outra vez na fortaleza do Huesca, rival este venres en Riazor.
"Necesitamos que a xente veña a sufrir. Hai que ir con todo e vai custar sacar eses tres puntos. Necesitamos ese sentimento de pertenza".
David Mella viaxará a Chile coa selección española para afrontar o Mundial sub-20. O canteirán perderase, como mínimo, dous partidos co Deportivo.
"Imos ter un recurso menos. Alégrome por el, meréceo".
"Perdemos un xogador e as regras son así. Haberá que reinventarse".
Antonio Hidalgo enfróntase ao seu exequipo, o Huesca.
"Hai un adestrador novo con ideas novas. O adestrador novo está a facer as cousas ben. Alí démoslle a volta a unha situación emocional crítica, coa unión de todos, da cidade e do club".
O partido poderá verse en directo ás 20:30 horas na primeira canle da TVG.