Hidalgo: "Importa a ilusión e saber o sufrimento que imos ter ata o final"
O técnico do Deportivo felicitouse pola presenza de Yeremay ante o Andorra
O Deportivo chega ás tres últimas xornadas dependendo de si mesmo para o ascenso directo, pero Antonio Hidalgo insiste en lembrar o camiño de sufrimento que lles queda aos seus xogadores.
"O máis importante é a ilusión que hai. Hai que saber o sufrimento que aínda nos queda por vivir. Encantados de que a xente o viva así. Van sufrir connosco e desfrutar. Só vale sumar de tres", sinalou.
O técnico catalán avisou ao respecto dun Andorra que chega "nun pico de forma grande".
"A nosa xente vai empuxar. Temos que saber o tipo de partido que hai que xogar e buscar os seus puntos débiles", engadiu.
Felicitouse pola presenza de Yeremay no partido.
"Eu tiña esperanza, a verdade. Temos a Yere no campo e con moita forza".