Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gustavo Suárez, presidente de Unicef España: "Un de cada tres nenos atópase en risco de pobreza"

Gustavo Suárez, presidente de Unicef España: "Un de cada tres nenos atópase en risco de pobreza"

Entrevistado este xoves no ‘Bos días’ da TVG, salientou a importancia da colaboración das empresas co terceiro sector para loitar contra a desigualdade

G24.gal 24/11/2022 12:43

Gustavo Suárez, presidente de Unicef España, foi entrevistado este xoves no ‘Bos días’ da TVG, onde fixo balance da recente campaña arredor do Día Internacional do Neno, o 20 de novembro, e os resultados da ‘Semana coa Infancia’ desenvolvida na CRTVG.

Levada a cabo no marco das AcciónsG de Responsabilidade Social Corporativa da CRTVG, a campaña activouse en todas as canles -televisión, radio e soportes dixitais-, e fixo posible a colaboración cidadá para reunir fondos cos que tratar contra a desnutrición aguda grave 3.289 nenos e nenas durante un día.
    
Na conversa con Almudena de Urzáiz, Gustavo Suárez incidiu na necesaria colaboración das entidades e empresas co terceiro sector, para facer fronte ás necesidades da infancia, na que centra o seu traballo Unicef.

Suárez salientou que Galicia ten un grao de pobreza infantil lixeiramente por debaixo dos datos de España, pero que en calquera caso “falamos de datos que non se corresponden co papel de España a nivel internacional, xa que 1 de cada 3 nenos se atopa en risco de pobreza”. Dixo tamén que “hai que establecer as disposicións xurídicas precisas que permitan organizar a axuda á infancia e que establezan sistemas de medida para valorar a actividade”.

Ciberacoso

Este ano, UNICEF puxo o foco tamén na saúde mental da infancia e a adolescencia, achegando nos distintos espazos da TVG e da Radio Galega datos de acoso escolar e ciberacoso.

Gustavo Suárez explicou que este é un aspecto esencial, xa que “un recente estudo de Unicef desenvolvido coa USC entre 5.000 estudantes de Educación Secundaria indica que máis do 95 % destes nenos contan cun dispositivo conectado á rede, e que o 30 % deles pasa 5 horas conectado, aínda máis nas fins de semana, marcando un eido no que hai que atender os posibles riscos aos que se enfrontan os pequenos”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos