Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guerra de cifras na manifestación contra o cumio da OTAN con IU como protagonista

Guerra de cifras na manifestación contra o cumio da OTAN con IU como protagonista

A Delegación do Goberno en Madrid fixa en 2.200 os participantes e os convocadores falan de 30.000

A marcha desenvolveuse con total normalidade en medio dun amplo dispositivo policial

G24.gal 26/06/2022 20:17 Última actualización 26/06/2022 20:55

O rexeitamento ao cumio da OTAN, ao imperialismo militarista e á posición do executivo español ante a guerra de Ucraína foron referentes destacados nas consignas da manifestación. A marcha polas rúas de Madrid transcorreu sen incidentes, malia que se alertara da posible presenza de grupos radicais, e a forte vixilancia policial foi unha constante en todo o percorrido.

Na manifestación estivo presente boa parte da dirección federal de Izquierda Unida, pero non o ministro Alberto Garzón. Tamén participaron representantes de Anticapitalistas, organización escindida de Podemos.

 "É importantísimo volver recuperar a cultura da paz, máis importante ca nunca nun contexto de crise ecosocial que vai cambiar moitos dos parámetros de convivencia ata o de agora. Cremos que é necesario un debate público arredor disto", sinalou Sira Rego, voceira federal de IU e eurodoputada.

 "Hai que saír de calquera tipo de alianza militar que ó único que persegue é a remilitarización e a guerra", foi a opinión expresada por Miguel Urbán, eurodeputado de Anticapitalistas.

Izquierda Unida restoulles importancia ás diverxencias no seo do Goberno polo cumio da OTAN, aludindo a que teñen un programa común pero posturas diferentes sobre diversos temas. Os convocadores anunciaran a previsión duns 5.000 participantes. A Delegación do Goberno en Madrid rebaixou o cómputo final a 2.200 e, nunha guerra de cifras, a plataforma organizadora elevouno a posteriori a 30.000.

Durante a marcha tamén se berraron consignas en contra das bases estadounidenses en España e da violencia cos migrantes na fronteira de Melilla.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade