Cargando resultados...
Gromo de coronavirus no colexio dos Franciscanos, en Lugo, con 14 positivos
Xa se realizaron varios cribados entre as persoas da contorna dos nenos e dos profesores

G24.gal
22/11/2021 13:32
Gromo de coronavirus no colexio dos Franciscanos, en Lugo, con 14 positivos segundo conformou o Sergas. Doce deses positivos detectáronse entre o alumnado e os outros dous foron en profesores.
Para controlar o brote, xa se realizaron varios cribados entre as persoas da contorna dos nenos e dos profesores que deron positivo.
Os casos activos de coronavirus seguen subindo na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte e xa hai 279 persoas infectadas na provincia.