Publicador de contidos

Publicador de contidos

Griñán presenta incidente de nulidade contra a súa condena a 6 anos de cárcere

Griñán presenta incidente de nulidade contra a súa condena a 6 anos de cárcere

A cuestión presentada ante o Supremo é un paso previo ao recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional

O ingreso en prisión de Griñán, en mans da Audiencia de Sevilla

EFE 27/09/2022 10:37

O expresidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán, presentou este martes na Sala do Penal do Supremo un incidente de nulidade contra a sentenza deste Tribunal que confirmou a súa condena a seis anos de prisión por malversación de fondos públicos no caso dos ERE.

Trátase dun trámite previo ao recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional que a defensa de Griñán ten previsto interpoñer no prazo legalmente previsto, informaron a Efe fontes xurídicas.

O alto tribunal confirmou a condena que se lle impuxo a Griñán nunha sentenza na que sinala que non só coñeceu e permitiu que se pagasen axudas a propósito do "descontrol" e das "gravísimas ilegalidades", senón que non fixo nada para impedilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade