Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gonzalo Caballero pide un cambio de rumbo no PSdeG tras o resultado electoral

Gonzalo Caballero pide un cambio de rumbo no PSdeG tras o resultado electoral

O exsecretario xeral dos socialistas galegos di estar "moi preocupado" tras as caídas continúas nos últimos procesos electorais, e pide "non resignarse" e fortalecer o PSOE para avanzar

Gonzalo Caballero nunha comparecencia ante os medios de comunicación nos corredores do Parlamento (Europa Press/Álvaro Ballesteros) Gonzalo Caballero nunha comparecencia ante os medios de comunicación nos corredores do Parlamento (Europa Press/Álvaro Ballesteros)
G24.gal 11/06/2024 10:34 Última actualización 11/06/2024 10:50

Gonzalo Caballero, exsecretario xeral do PSdeG, asegura estar moi preocupado polos resultados da formación socialista nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo. Nun fío de chíos publicado na rede social X (antes Twitter) destaca que "o PSOE caeu en España 2.8 puntos mentres en Galicia caemos 8 puntos", e pide "cambiar de rumbo tras as caídas continuas".

Sinala Caballero que en 2019 o PSdeG foi "a forza máis votada en Galicia, con 511.246 votos e o 35,07 %, pero onte obtivemos 301.213 votos, o 27,01 %. En 2019 o PSdeG gañou ao PPdeG por 76.000 votos e agora gáñannos por 185.000".

Ao mesmo tempo di que esa caída contrasta coa suba dos socialistas noutras comunidades históricas, como Euskadi ou Cataluña, e destaca que o PP obtivo en Galicia un dos mellores resultados de toda España.

Fala Caballero de que o ciclo electoral 2023/24 é "o peor da historia do PSdeG, caendo en todas as eleccións", e sinala directamente Valentín González Formoso e José Ramón Gómez Besteiro. Contrasta ese ciclo co de 2029/20, cando el ocupaba a secretaría xeral do PSdeG, "que se saldou con subas en todas as eleccións en Galicia".

Conclúe a reflexión dicindo que "non debemos conformarnos nin resignarnos. Toca entender a mensaxe e fortalecer o PSOE para avanzar en Galicia, España e Europa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos