Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gómez Pallas gaña o Dakar na categoría Sostible

Gómez Pallas gaña o Dakar na categoría Sostible

Clave a súa regularidade da súa moto nas 13 tiradas

Na súa celebración lembrouse de Carballo e da Costa da Morte

Al-Attiyah vencedor en coches e Benavides en motos

G24.gal 17/01/2026 17:42 Última actualización 17/01/2026 19:55

Galicia festexa o Dakar de Gómez Pallas. O de Carballo acaba de conseguir a vitoria nesta edición de 2026 na categoría Sostible; foi primeiro nas motos eléctricas. A clave do triunfo do galego estivo na regularidade nestas 13 etapas. Desde o prólogo que gañou, ata a última na que soubo aguantar a presión e a emoción para chegar vitorioso á meta. 

No podio, tras recoller o trofeo, Gómez Pallas abrazouse aos seus compañeiros de equipo, Miguel e Esther, e lembrouse dos patrocinadores e da súa terra: "De Carballo, da Costa da Morte, de Galicia". Recoñeceu que para este Dakar houbo que "traballar duro" e que nese momento sentía como que "non o cría".

Na categoría de coches, o triunfo un ano máis foi para Añl-Attiyah e en motos o gañador foi o arxentino Benavides.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos