Cargando resultados...
Golpe de autoridade do Deportivo en Las Gaunas (0-1)
O gol de Miku volve poñer o conxunto coruñés como líder en solitario da categoría
G24.gal
07/11/2021 19:51
O Deportivo conseguiu un triunfo de prestixio no campo da U. D. Logroñés e volve ser líder en solitario da Primeira Federación.
O tanto marcado por Miku no minuto 37 resultou decisivo. O equipo de Borja Jiménez fixo un partido moi serio diante dun rival que chegaba nun gran momento e metido na zona alta a carón dos deportivistas.
No segundo tempo houbo que sufrir ata o final pero o Deportivo sumou tres puntos cun valor dobre.