Giráldez: "O Celta foi valente e eu tamén quero selo"
Afirma estar preparado para lograr a permanencia
O novo adestrador do Celta, Claudio Giráldez, foi presentado esta mañá, di que está feliz co reto, convencido de que está preparado e cun entusiasmo que quere trasladar en cada adestramento e partido.
"Estou onde quero estar, levo nove anos aquí e desde neno indo a Balaídos. Coa tranquilidade e estar onde un quere, todo é máis fácil. Teño unha ilusión tremenda, quero trasladar a miña paixón polo club en cada palabra, cada tarefa e cada partido".
Non dubida o porriñés ao afirmar que se ve listo para asumir esta tarefa, e faino co mesmo contrato que tiña, segundo confirmo o director de fútbol, Marco Garcés.
"Síntome preparado. É fútbol, é unha categoría nova, sei que hai quen vai dubidar". Deixou clara de novo a súa condición de celtista e un vínculo coa entidade que vén desde moito antes de entrar a formar parte da estrutura, no 2005.
"Estou onde quero estar, levo nove anos aquí e desde neno indo a Balaídos. Coa tranquilidade e estar onde un quere, todo é máis fácil. Teño unha ilusión tremenda, quero trasladar a miña paixón polo club en cada palabra, cada tarefa e cada partido".
"O club tomou unha medida valente e eu son e quero ser valente na miña forma de vivir e de adestrar. Díxenlles que temos capacidade e xornadas por diante apaixonantes. Mostráronme moito agarimo (xogadores)"
A estrea de Giráldez será en Sevilla.