Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gilsanz e o seu futuro: "Estou tranquilo, hai que respectar prazos que se van marcando"

Gilsanz e o seu futuro: "Estou tranquilo, hai que respectar prazos que se van marcando"

O técnico galego indicou que a comunicación coa dirección deportiva que lidera Fernando Soriano é “practicamente diaria”

G24.gal 16/05/2025 12:10 Última actualización 16/05/2025 12:13

O adestrador do Deportivo, Óscar Gilsanz, afirmou este venres estar “tranquilo” sobre o seu futuro á fronte do equipo branquiazul, co que termina contrato o próximo 30 de xuño.

“Sei que hai que ir respectando os prazos que se vaian marcando respecto á toma de decisión e non hai máis cera que a que arde. Estou tranquilo, porque tamén creo que a miña función é tratar de seguir sacando o mellor do equipo para estes partidos. É o que me centra agora e aos poucos irase desenvolvendo a situación”, declarou.

Na súa comparecencia ante os xornalistas na véspera de recibir ao Granada en Riazor, o técnico galego indicou que a comunicación coa dirección deportiva que lidera Fernando Soriano é “practicamente diaria”.

“Traballamos todo o día aquí en Abegondo, sempre falamos e falamos en base a futuro nalgunhas cousas para saber puntos de vista. Ata aí podo contar, non hai máis”, manifestou.

Preguntado por se, en caso de non continuar como adestrador, aceptaría outro cargo no club, Gilsanz dixo que non pensou nesa situación porque “aí xa estariamos a falar de hipótese e realmente o importante para min é como acabamos a tempada”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos