Cargando resultados...
García de la Torre deixa a alcaldía do Porriño para que siga gobernando a esquerda
EU Son ameazou cunha moción de censura se non deixaba a corporación
G24.gal
10/11/2021 17:23
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, do PSOE, apártase da alcaldía para que a esquerda siga gobernando no municipio. Faino despois de que o partido EU Son ameazara cunha moción de censura se non deixaba a corporación.
Unha moción que lle daría a alcaldía ao PP. García de la Torre di que se trata dunha teima persoal. EU Son apoiara a investidura da alcaldesa, pero non entrou no Goberno local formado por PSOE e BNG. A agrupación leva meses pedindo a destitución da rexedora, á que responsabilizan da parálise do concello.