Cargando resultados...
Gañar en Vallecas significaría unha parada máis tranquila para o Celta
O último partido antes do Mundial será o xoves ante un Raio Vallecano que chega castigado despois de xogar o luns
G24.gal
08/11/2022 21:32
O Celta pensa xa no vindeiro encontro do xoves ante o Raio Vallecano. Os de Carlos Carvalhal precisan dos tres puntos para saír dos postos de descenso. Un partido clave para evitar pasar as seis semanas da parada polo mundial nos últimos postos.
O Raio Vallecano non llo poñerá fácil. Gañoulle onte ao Real Madrid, na primeira derrota dos brancos na liga esta temporada. A Iraola preocúpanlle as horas de descanso logo dun partido de tanto desgaste para os seus. O técnico vasco non sentará no banco de Vallecas por expulsión.