Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 2.000 contaxios diarios, a maior cifra en tres semanas

Galicia supera os 2.000 contaxios diarios, a maior cifra en tres semanas

Hai 18.561 persoas con coronavirus, máis de mil máis ca onte

A presión hospitalaria segue baixando tanto nas UCI como en planta

O Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas

Jessica Fernández 10/03/2022 10:05

Os casos activos continúan aumentando e rexístranse máis de mil novos positivos nas últimas 24 horas. En total, hai 18.561 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios tamén soben con respecto a onte e pasan dos 2.000; rexistráronse 2.027 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 3.814 (+279)

Vigo: 3.319 (+195)

Ourense: 2.655 (+151)

Santiago: 3.147 (+131)

Lugo: 2.226 (+120)

Pontevedra: 2.207 (+103)

Ferrol: 1.113 (+111)

En canto á ocupación hospitalaria, esta segue descendendo tanto en planta (-16) como nas UCI (-2). En total, hai 351 e 28 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.141 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade