Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia segue en alerta por choiva intensa, vento e ondas

Galicia segue en alerta por choiva intensa, vento e ondas

Alerta laranxa na provincia de Pontevedra por precipitacións

Prevense acumulacións de auga de máis de 40 litros por metro cadrado Prevense acumulacións de auga de máis de 40 litros por metro cadrado
G24.gal 28/10/2022 09:23

Galicia continúa baixo o efecto das borrascas atlánticas. Unha fronte moi activa volverá deixar choiva por toda a comunidade autónoma durante o día de hoxe. As precipitacións poden ser especialmente intensas ao oeste. Agárdanse acumulacións de auga por riba dos 40 l/m² ao suroeste e ao oeste da provincia da Coruña.

O vento, do sur, tamén será protagonista. Irá aumentando de intensidade conforme pasen as horas e será moi forte en áreas do litoral e na montaña. Pode superar os 80 quilómetros por hora.

Ante este panorama, Meteogalicia ten activados para hoxe avisos amarelos por choiva, por vento e por ondas superiores a catro metros. Será laranxa na provincia de Pontevedra. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade