Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rexistra unha leve suba das infeccións pero baixa a presión hospitalaria

Galicia rexistra unha leve suba das infeccións pero baixa a presión hospitalaria

A menor cifra de enfermos críticos de covid nos últimos catro meses: 20 en toda Galicia

Hai 373 persoas ingresadas, 13 menos que as 24 horas anteriores

Redúcense de xeito lixeiro os diagnósticos diarios, 2.124, (-30)

G24.gal 19/03/2022 10:08 Última actualización 19/03/2022 13:30

En Galicia continúa unha xornada máis o incremento de persoas co virus activo, aínda que con datos das 18 horas do venres, a suba é menor que as 24 horas anteriores. Superamos, iso si, os 21.000 casos activos e son 21.369, (+385).

Os diagnósticos diarios nas probas realizadas caen nesta xornada de xeito lixeiro e son 2.124, (-30) aínda por riba dos dous mil.

Canto á presión hospitalaria, diminúe en Galicia e son 373 as persoas ingresadas por covid, (-13). En planta son 353 os pacientes illados, nove menos que a xornada anterior e nas UCI permanecen 20, catro menos que o día previo.

O Sergas notifica catro novos falecementos por coronavirus o que eleva a cifra de mortos durante a pandemia en Galicia a 3.173 persoas.

Situación por áreas sanitarias

As persoas coa infección de coronavirus activa aumentan en todas as áreas agás na de Ourense, onde se rexistra unha lixeira diminución. A mellor evolución hospitalaria aparece en Vigo, onde non hai ningún enfermo nas UCI, e só queda un nestas unidades nos de Lugo, Pontevedra e Ferrol.

A área da Coruña é a única que supera os 400 contaxios diarios detectados nas probas realizadas.

A Coruña: 4.525

Vigo: 3.924

Ourense: 2.735

Santiago: 3.410

Lugo: 2.598

Pontevedra: 2.248

Ferrol: 1.835

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade