Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia perde peso político na cúpula do Ministerio de Transportes

Galicia perde peso político na cúpula do Ministerio de Transportes

A dimisión da secretaria de Estado de Transportes, a galega Isabel Pardo de Vera, deixa no aire os proxectos en Galicia

O Goberno defende que se deron todas a explicacións desde o primeiro momento

A galega Pardo de Vera é unha das sacrificadas pola crise dos trens de Asturias e Cantabria
G24.gal 21/02/2023 14:18

A dimision da enxeneira galega, Isabel Pardo de Vera, como secretaria de Estado de Transportes, deixa a cúpula do ministerio sen cargos políticos galegos. Pardo de Vera marcha sen completar a alta velocidade galega. Ela misma recoñeceu nunha entrevista aquí, na Televisión de Galicia, que  non será, como pronto, ata o verán ou outono cando poidan chegar a Galicia os trens Avril para completar o traxecto do AVE ata a Coruña. Confirmando así un atraso máis.  

Non resistiu a crise do Fevemocho. Ese escándalo dos trens de Renfe mal medidos para a vía estreita en Asturias e Cantabria.  A Moncloa fixo cirurxía tres meses antes das eleccións para satisfacción dos presidentes Barbón e Revilla. 

Amais de a Pardo de Vera, a crise tamén lle custou o posto ao presidente de Renfe. 
Os seus despachos serán ocupados por David Lucas e Raúl Blanco respectivamente. 
Os dous cargos saíntes coñecían o erro e ocultárono durante dous anos.  O ministerio trata de compensar o fracaso con viaxes gratis tanto en Renfe coma en Feve nas dúas comunidades. 

A ministra de Transportes recoñece que lle gustaría ter coñecido moito antes ese problema pero comprométese apurar os prazos para que poidan estar listos canto antes. A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, da por boas as explicacións da ministra. Sae así ao paso das críticas da oposición que insiste en que esta crise non se pode pechar así. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade