Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia pasa á final da Eurovisión das intelixencias artificiais

Galicia pasa á final da Eurovisión das intelixencias artificiais

'AI-LALELO' é unha das 15 elixidas de entre as 100 candidatas da fase previa

Piden o voto en masa para traer o premio ao país

Fotograma do videoclip de 'AI-LALELO' Fotograma do videoclip de 'AI-LALELO'
G24.gal 17/06/2022 18:30 Última actualización 17/06/2022 19:10

Galicia podería gañar Eurovisión este ano. Ou polo menos unha especie de versión internacional para cancións escritas por intelixencias artificiais, o AI Song Contest, celebrado en Liège, Bélxica.

Tras dúas semanas de deliberación, o xurado profesional do concurso decidiu que a canción galega AI-LALELO competirá na final do próximo 6 de xullo en Bélxica.

 

 

O tema impulsado por un equipo de Galicia competirá xunto a outras 14 cancións de países como Países Baixos, A China, Tailandia, Reino Unido, Suecia, Estados Unidos, Corea do Sur, Francia e Alemaña.

Detrás desta canción está a axencia creativa compostelá CECUBO Group, co xornalista galaico-catalán Joel Cava á fronte.

Como se fixo?

Nun proceso creativo de 4 meses, o equipo galego compuxo AI-LALELO a partir da intelixencia artificial aplicada á composición da letra, harmonías, instrumentos e videoclip da canción.

O grupo de traballo está formado por profesionais como Juan Alonso, tecnólogo en machine learning e redes neuronais ou Sofía Oriana, doutora en Composición en IA e compositora de Elisa y Marcela (2019) de Isabel Coixet

Tamén pertencen ao equipo Xandre Outeiro, produtor de bandas sonoras e músico no Projeto Trépia ou David Santos, doutor en Telecomunicacións e músico, arranxista e compositor.

Completan o equipo a artista dixital responsable dos visuais de Tanxugueiras no Benidorm Fest Marta Verde e Joel Cava, responsable creativo de Cecubo Group.

O videoclip tamén se elaborou usando intelixencia artificial. O videoclip tamén se elaborou usando intelixencia artificial.

Xa se pode votar

Dende o 16 de xuño e ata a gala final do vindeiro 6 de xullo en Liège (Bélxica), o público poderá votar de balde pola súa canción favorita a través da páxina oficial do festival. O gañador decidirase pola suma dos puntos do 50% do televoto e dun 50% do xurado.

O equipo, baixo o nome de PAMP! (Proxecto Ana María Prieto, en homenaxe á primeira programadora galega), está composto por un grupo multidisciplinar de seis artistas, enxeñeiros, investigadores e músicos galegos.

"Permite amosar a nosa cultura ao mundo"

O seu obxectivo é promover a lingua e cultura de Galicia no eido internacional a través das novas tecnoloxías.

"Chegar á final supón un éxito para toda Galicia xa que permite amosar a nosa cultura ao mundo e reivindicar o talento galego no eido da intelixencia artificial", celebra o equipo PAMP!

Os creadores piden á cidadanía que vote en masa pola canción para que Galicia logre unha candidatura gañadora nesta particular edición de Eurovisión. 

No caso de que a candidatura gañe con AI-LALELO a terceira edición deste certame, sumaríase ao histórico de vencedoras dos anteriores anos xunto a Beautiful the World de Australia (2020) e Listen To Your Body Choir de Estados Unidos (2021). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos