Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia non descarta recorrer contra o financiamento autonómico proposto polo Goberno central

Galicia non descarta recorrer contra o financiamento autonómico proposto polo Goberno central

Rueda agarda non ter que ir aos tribunais, pero farao se é a única forma de defender os intereses dos galegos

O presidente da Xunta cualifica a proposta que Sánchez pactou con ERC de demoledora para a nosa comunidade autónoma

O presidente da Xunta Alfonso Rueda participa no ciclo Vecinos y amigos, organizado por Heraldo de Aragón, este xoves en Zaragoza. EFE / Javier Cebollada
G24.gal 15/01/2026 21:04

O presidente da Xunta Alfonso Rueda aposta por negociar o financiamento entre todas as comunidades autónomas. Lamenta que a proposta do Goberno central non teña en conta nin a dispersión nin o envellecemento da poboación.

Rueda agarda non ter que recorrer aos tribunais, pero non o descarta se este, di, é o único xeito de defender os intereses dos galegos: 

"A min non me gustaría que esta fose a solución, pero se o deixan como último recurso non imos renunciar a iso". 

Rueda contrapón as políticas da Xunta e as do Goberno de Sánchez en materia de vivenda: 

"O Goberno central anunciou 184.000 vivendas en toda España, en Galicia non se fixo ningunha e agora volve prometelas outra vez. A Xunta comprometeuse a acabar a lexislatura con 8.000 vivendas. 3.000 xa están en execución e as outras mil estarán durante este ano".

O presidente Rueda pídelle ao Goberno que impulse a conexión por AVE entre Galicia e Portugal. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade