Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dúas persoas con covid nunha xornada con máis de 14.500 casos activos

Morren dúas persoas con covid nunha xornada con máis de 14.500 casos activos

A cifra de falecidos na pandemia elévase en Galicia a 2.720 persoas

Detectáronse 1.242 positivos en 24 horas, (+2)

Lixeira baixada na presión asistencial con nove pacientes menos en planta pero dous máis nas UCI

 

G24.gal 18/12/2021 09:44 Última actualización 19:30

A entrada con forza da variante ómicron semella que non vai dar respiro no que se refire ao empeoramento das cifras de infeccións e de contaxios con vistas ao Nadal, aínda que sexa menor o impacto nas hospitalizacións, grazas ás vacinas, respecto de vagas anteriores da covid.

O predominio da delta sitúa os indicadores así: Galicia entra en risco moi alto da enfermidade e supera a incidencia de 500, con 14.797 casos activos, (+451) con datos das 18 horas do venres.

O dato máis positivo das últimas horas é o de hospitalizacións, con 221 enfermos ingresados en planta, nove menos que a xornada anterior. Nas UCI empeora algo a situación, con 49 pacientes, dous máis.

Os positivos diagnosticados mantéñense estables respecto do xoves, aínda que seguen en cifras récord da sexta vaga, con 1.242 contaxios diarios, (+2).  Os positivos deste sábado son un 13 % máis  que o milleiro diagnosticado o anterior. 

O Sergas notifica este sábado dous falecementos de persoas que foran diagnosticadas con covid.  Son unha muller de 70 anos hospitalizada en Pontevedra e un home de 72 ingresado no complexo hospitalario de Vigo. Con elas, a cifra total de decesos aumenta a 2.720 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Situación por áreas sanitarias

Os indicadores da incidencia da covid seguen a mostrar datos preocupantes en todas as xerencias hospitalarias, pero nas últimas horas a de Ourense mostra unha lixeira melloría, cunha baixada de casos activos, de hospitalizacións tanto en planta coma nas UCI e cunha redución dos positivos diarios detectados nas probas diagnósticas realizadas na provincia. Mentres o sur de Galicia estabiliza os datos da incidencia da covid o norte empeora, sobre todo A Coruña e Santiago.

A de Vigo segue a ser a que rexistra os peores datos e os contaxios aproxímanse aos 400 diarios. Tamén ten a peor situación nas UCI, cunha vintena de enfermos ingresados, (21). Santiago pola contra só ten un paciente en agudos.

A Coruña: 2.216

Vigo: 4.743

Ourense: 2.712

Pontevedra: 2.250

Santiago: 1.372

Lugo: 949

Ferrol: 555

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos