Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a comunidade autónoma coa menor porcentaxe de ocupación en UCI por covid–19

Galicia é a comunidade autónoma coa menor porcentaxe de ocupación en UCI por covid–19

Continúa a tendencia á baixa da pandemia: a incidencia cae outros 104 puntos

O Ministerio notificou 361 falecementos

G24.gal 08/02/2022 20:13

A incidencia acumulada dos casos de coronavirus segue baixando. Este martes cae 104 puntos, ata os 1.893, tras notificar 43.831 novos contaxios o Ministerio de Sanidade, que suma 361 mortes ao reconto oficial nunha sexta vaga que xa superou amplamente os case 6.500 falecementos rexistrados na quinta.

O total de decesos certificados por covid–19 durante a pandemia ascende a 94.931, dos que 762 foron notificados nos últimos sete días, e o de casos confirmados a 10.439.302. 

Segundo a actualización de datos, a presión nos hospitais descendeu seis décimas, ata o 12,2 % de ocupación, con 15.206 pacientes (785 menos que este luns), e nas UCI baixou sete décimas e sitúase no 18,7 %, con 1.768 persoas ingresadas (70 menos).

Cataluña continúa sendo a comunidade con maior ocupación nas súas unidades de coidados intensivos, onde hai un 35,5 % das camas ocupadas por pacientes de covid–19, seguida por Aragón, co 28,5 %. Só Galicia e Asturias están por baixo do 10 % de ocupación nas UCI, cun 4,4 % e un 9,9 %, respectivamente.

A transmisión da covid–19 descendeu en todas as autonomías nos últimos catro días. Andalucía é a comunidade con menor incidencia e sitúase en 638 casos diagnosticados en catorce días, fronte a Cataluña, que por problemas técnicos non actualizou os seus datos e rexistra 3.139 casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade