Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia continúa sumando casos activos, pero baixa das 350 persoas ingresadas

Galicia continúa sumando casos activos, pero baixa das 350 persoas ingresadas

Os contaxios diarios baixan con respecto a onte

O Sergas notificou catro decesos por mor da covid nas últimas 24 horas

Jessica Fernández 11/03/2022 10:09

Os casos activos continúan subindo (+880) e xa están por riba dos 19.000. En total, hai 19.441 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan con respecto a onte, rexistrándose 1.862 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña:  3899 (+85)

Vigo: 3.507 (+188)

Ourense: 2.806 (+151)

Santiago: 3.268 (+121)

Lugo: 2.355 (+129)

Pontevedra: 2.327 (+120)

Ferrol: 1.193 (+80)

En canto á ocupación hospitalaria, esta segue diminuíndo tanto nas UCI (-1) como en planta (-28). En total, hai menos de 350 persoas ingresadas, 27 e 323 respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.145 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade