Galicia continúa restando casos activos, pero suma ingresos e contaxios diarios
Onte entrou en vigor o novo protocolo covid, polo que non se notificaron os positivos por autotest do luns, pero aínda están os detectados o domingo
O Sergas notificou sete decesos por mor da covid

Os casos activos seguen baixando (-963) e están por debaixo dos 21.000. En total, hai 20.876 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 1.292.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.335 (-233)
Vigo: 3.960 (-208)
Ourense: 2.273 (+56)
Santiago: 3.427 (-190)
Lugo: 2.438 (-150)
Pontevedra: 2.320 (-127)
Ferrol: 2.045 (-102)
En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta en planta (+4), pero mantense nas UCI. En total, hai 25 e 442 persoas ingresadas respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou sete decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.194 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos