Galicia continúa restando ingresos, contaxios e casos activos
A área sanitaria de Ferrol baixa das 1.000 persoas co virus despois de dous meses e medio por riba
O Sergas notificou dous decesos por mor da covid
Os casos activos seguen baixando (-756) e xa rozan os 16.000. En total, hai 16.109 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios baixan lixeiramente con respecto a onte e rexístranse 1.215 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 3.202 (-154)
Vigo: 3.232 (-109)
Ourense: 1.876 (-124)
Santiago: 2.874 (-111)
Lugo: 2.007 (-125)
Pontevedra: 1.858 (-55)
Ferrol: 963 (-68)
En canto á ocupación hospitalaria, esta tamén descende en planta (-17), baixando dos 400 ingresos, pero aumenta nas UCI (+2). En total, hai 419 persoas hospitalizadas, 390 e 29 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.011 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos