Galicia terá este verán un simulador para prever a evolución de grandes incendios
A ferramenta permitirá predicir a evolución dos grandes incendios nas seguintes doce horas
O Consello da Xunta aprobou este luns a adquisición dun simulador avanzado para prever a evolución dos incendios forestais.
Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o simulador vai permitir anticiparse aos grandes incendios, como os que o verán pasado arrasaron grandes superficies dos montes de Galicia, e que avanzan a gran rapidez e superan as 500 hectáreas queimadas.
Este simulador, que xa estará a disposición das brigadas contra incendios xa este mesmo verán, permitirá predicir a evolución dos incendios nas seguintes doce horas e vaino calcular "en a redor de media hora, non máis de 35 minutos", dixo Rueda.
Segundo explicou o presidente da Xunta, os calculos do simulador permitirán tomar decisións sobre o terreo sabendo cara onde se van dirixir as lapas.