Cargando resultados...
Galicia, segunda comunidade onde menos medrou a mortalidade no 2020
O número de falecidos medrou case un 5 por cento respecto ao ano anterior
A comunidade de Madrid foi a que rexistrou un maior aumento do número de mortes

G24.gal
01/11/2021 20:26
Galicia é, despois das Canarias, a comunidade onde menos medrou a mortalidade no ano 2020, o ano da pandemia. Concretamente o número de falecidos medrou case un 5 por cento respecto ao ano anterior.
Pola contra, a comunidade de Madrid foi a que rexistrou un maior aumento do número de mortes: un 41 por cento máis. Son datos da Asociación Nacional de Servizos Funerarios que destacan tamén que o ano pasado, en toda España contabilizáronse case 493.000 defuncións, case un 18 % máis ca o ano anterior.