Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga, o único galego convocado coa selección sub-21

Gabri Veiga, o único galego convocado coa selección sub-21

O coruñés Nico González quedou fóra da lista definitiva para o Europeo

G24.gal 14/06/2023 13:24

Gabri Veiga será o único galego presente na lista da selección sub-21 para o Europeo que empezará o vindeiro 21 de xuño e que organizarán Xeorxia e Romanía. 

Veiga recibe o premio á gran temporada que realizou co Celta con 11 goles e 6 asistencias e apunta a peza importante no esquema de Santi Denia. 

O que non entrou foi o centrocampista coruñés Nico González. O xogador do Barcelona, cedido no Valencia esta temporada, non superou o corte definitivo que deu o seleccionador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar