Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga, o mellor xogador da Liga no mes de febreiro

Gabri Veiga, o mellor xogador da Liga no mes de febreiro

O porriñés asinou un mes excepcional con catro goles e unha asistencia, decisivo no bo momento do Celta

G24.gal 03/03/2023 21:43

Gabri Veiga foi elixido mellor xogador de febreiro da Liga. O canteirán logra o premio tras un mes excepcional, con catro goles e unha asistencia. O do Porriño asinou dous dobretes, un contra o Valladolid e outro ante o Betis.

O xogador celeste competía con outros seis xogadores: Frenkie de Jong (FC Barcelona), Camavinga (Real Madrid), Oihan Sancet (Athletic Club), Sergio Canales (Betis) e Reinildo (Atlético). Os votos dos seareiros decidiron o gañador.

Veiga foi determinante para que os celestes sumaran sete puntos dos 12 posibles nun mes en que enfrontou tres dos cinco mellores clasificados da Liga. O mérito de Gabri é maior porque se trata dun debutante na categoría, un xogador de só vinte anos que está a chamar a atención dos mellores equipos de todo o continente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar