Ex-xogadores da canteira do Celta avalan o traballo e ascenso de Giráldez
Gabri Veiga: "É valente, ten personalidade, desa corrente de Xabi Alonso, De Zerbi..."
Roberto Lago: "É unha oportunidade. Ten pouco que perder e o Celta moito que gañar"
Gabri Veiga recupérase en Vigo da lesión de nocello que o ten afastado do fútbol. Coñece ben a Giráldez, exadestrador e amigo
"É valente, ten personalidade, desa corrente de Xabi Alonso, De Zerbi...".
"Son adestradores que ven cousas, que cambian un partido".
Doutra banda, ninguén mellor que Roberto Lago para valorar o impacto real de contar cos da casa
"É unha decisión valente de Marián. Ninguén agasalla nada. Claudio leva dous anos boísimos".
Desenvolvéndose nas cámaras coa mesma soltura de antes no lateral celeste, o agora comentarista na Radio e na Televisión de Galicia, Lago non ten dúbida da encrucillada profesional á que chega Claudio Giráldez.
"É unha oportunidade. Ten pouco que perder e o Celta moito que gañar"
Dende a canteira até o primeiro equipo a Roberto Lago deulle para velas de todas as cores no seu camiñar. Momentos delicados como os que agora debe afrontar Giráldez, e outros máis dramáticos.