Publicador de contidos

Publicador de contidos

Funciona a reconstrución do Deportivo Abanca

Funciona a reconstrución do Deportivo Abanca

G24.gal 27/10/2021 12:42

O novo Deportivo Abanca, reconstruído case na súa totalidade, funciona coma un reloxo. Seis partidos: cinco vitorias e un empate. Doce goles marcados, das máis variadas e fermosas facturas, e só tres recibidos. 

María Ruiz é a máxima goleadora, con catro dianas. Algunhas, auténticos golazos, coma este ao Spórting. É a punta de lanza dun equipo que pretende recuperar a praza na máxima categoría pola vía rápida e cun fútbol de escola.

O Deportivo Abanca é segundo. O novo formato obriga a non fallar: a primeira praza é a única que garante o ascenso directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade