Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francia identifica unha nova variante de coronavirus procedente do Camerún

Francia identifica unha nova variante de coronavirus procedente do Camerún

Ten máis mutacións que ómicron 

G24.gal 04/01/2022 21:33

Investigadores franceses identifican unha nova variante de covid que ten 46 mutacións, é dicir, aínda máis que ómicron.

Bautizada co nome de IHU, como o Instituto Hospitalario Universitario de Marsella que a illou, da nova variante están secuenciados unha ducia de casos, todos veciños da rexión de Marsella, no sur de Francia e todos asociados con viaxes ao Camerún.

IHU é unha das dúas derivadas da cepa B.1.640 que se localizara a finais de setembro na República do Congo. Unha das súas variantes asóciase cun posible aumento da transmisión do virus.

O estudo que identificou IHU está pendente de validación. O Instituto Hospitalario Universitario de Marsella é un centro de referencia de enfermidades infecciosas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade