Francia amosa os galóns como vixente campioa
Remontou ante Australia (4-1) con dous goles de Giroud e un de Mbappe
.jpg)
No día das sorpresas, a que non fallou foi a selección francesa. A vixente campioa comezou perdendo diante de Australia, pero acabou gañando o partido dun xeito cómodo amosando os galóns recollidos hai catro anos en Rusia, cando se proclamaron campións do mundo.
Logo da derrota da Arxentina diante de Arabia, a magnitude do terremoto futbolístico multiplicábase co gol do australiano Goodwin aos 9 minutos de partido. Ademais, Francia perdía nesa xogada o seu lateral dereito titular Lucas Hernández, que tivo que ser substituído polo seu irmán Theo.
🚨🇦🇺 ¡Salta la sorpresa! ¡Se adelanta Australia!
— Gol Mundial (@Gol) November 22, 2022
🤕 Mala suerte para Francia, que pierde por lesión a Lucas Hernández#GolMundial pic.twitter.com/jfxe5PZiTj
Francia non desesperou. Cunha dianteira formada por Mbappe, Giroud, Griezmann e Mbappe e máis pólvora que os exércitos de Napoleón, as ocasións comezaron a chegar e o gol era cuestión de tempo. O empate marcouno un actor secundario como Rabiot. E antes do descanso Olivier Giroud aproveitaba un agasallo da defensa insular para poñer os franceses por diante.
Mbappé alcanza la velocidad de un avión para abrirle las puertas del cielo a Giroud⚡️
— Gol Mundial (@Gol) November 22, 2022
🇫🇷 El '9' iguala con este tanto a Henry como máximo goleador de Francia
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #flybetter#GolMundial pic.twitter.com/Oxia4V3a0D
O segundo tempo foi un paseo militar francés no que a emoción era saber cando chegaría o terceiro gol que deixaba o conto rematado. Unha vez que Mbappe o conseguiu, todo o planeta fútbol sabía que o partido estaba resolto. Quedaba tempo para un segundo gol de Giroud, que entrou na historia do fútbol francés ao igualar con Henry, con 51 goles, como máximo goleador da súa selección.
