Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Justo e Rubén Albés poñen en valor os novos adestradores galegos

Fran Justo e Rubén Albés poñen en valor os novos adestradores galegos

Os dous adestradores coincidiron nun acto solidario da Federación Galega de Fútbol

G24.gal 26/12/2022 21:35

Na segunda división, o Lugo descansa ata a fin de semana de Reis. Este luns realizou o primeiro adestramento despois das vacacións e o venres terán un amigable ante o Rácing de Ferrol na Malata. Nestes días de parada polo Nadal, é momento de valoracións e semella que a chegada de Fran Justo sentou ben. Desde que o técnico ourensán colleu as rendas do equipo sumou sete puntos dos 15 disputados, o que lle permite manterse na loita pola permanencia. Fran Justo séntese plenamente afeito á categoría.

Puidemos falar con Fran Justo e tamén co exadestrador do Lugo Rubén Albés nunha xornada solidaria de Nadal organizada pola Federación Galega de Fútbol.

Rubén Albés atravesa un momento doce no Albacete, un equipo acabado de ascender esta temporada a Segunda División e que ocupa o sétimo posto da táboa. Agora mesmo Justo e Albés son os adestradores galegos mellor posicionados no fútbol español, despois de Diego Martínez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade