Fran Grela: "Na salvación levaba comigo o cariño e a ledicia de toda a nosa xente"
O delegado obradoirista analizou o fin de temporada na ACB

Nun final non apto para cardíacos, a máxima categoría do baloncesto español baixou o pano coa tranquilidade para o Obradoiro de chegar coas tarefas feitas. O encontro ante Valencia, saldado con derrota, serviu para homenaxear a Oliver o día da súa despedida e para festexar coa afección a permanencia. Tamén para recoñecer o traballo do corpo técnico, do que forma parte o delegado, Fran Grela.
"Moi ledo. Cando gañamos en Badalona levei a ledicia de todos os que non podían estar con nós. Levei todo o cariño dos nosos. Levo 12 anos. Eu sabía que iamos gañar algún partido máis, estabamos xogando ben, salvo en Zaragoza. Todos os xogadores son bos. O xogador diferente é Fer, arxentino, xa sabes. Da temporada lembro quizais algunha técnica que non me pitaron"