O Celta elixe a Fran Canal para ocupar a dirección xeral
O actual director xeral de Osasuna sería o substituto de Antonio Chaves
O ourensán terá que desvincularse dos navarros antes de asinar co cadro vigués
O R. C. Celta xa conseguiría un sbustituto para o posto de Antonio Chaves: o ourensán Fran Canal.
O actual director xeral de Osasuna foi o elixido por Carlos e Marián Mouriño para ocupar o posto que cubriu Antonio Chaves durante 15 tempadas. Fran Canal foi un dos homes chave, xunto ao tamén galego Braulio Vázquez, para a boa situación económica e deportiva do club.
O ourensán levaba dende o 2019 ocupando este posto no club navarro. Participaba dende o 2016 mediante unha empresa externa e previamente xa se ocupou de clubs galegos como o Pontevedra e o Ourense.
A operación podería atrasarse porque Osasuna se atopa actualmente nunha guerra aberta contra a UEFA pola súa expulsión das competicións europeas.