Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Alonso: "Non hai medo, temos a calidade e as ferramentas para conseguir o obxectivo"

Fran Alonso: "Non hai medo, temos a calidade e as ferramentas para conseguir o obxectivo"

O Deportivo ten a difícil misión de gañar no campo do Barcelona

Foto Deportivo
G24.gal 02/05/2025 14:42 Última actualización 02/05/2025 14:47

Fran Alonso, adestrador do Dépor Abanca, compareceu en conferencia de prensa na previa do encontro ante o Barça (domingo, 17:30 horas pola G2).

O preparador madrileño recoñeceu a dificultade do reto inmediato que ten enfronte o seu equipo, xa que se medirá ao actual dominador do fútbol mundial, pero non renunciou a nada.

A maiores, o técnico aproveitou para seguir mandando mensaxes optimistas, pois detecta no seu grupo "confianza" para conseguir a permanencia.

"Cando empezamos a traballar xuntas o equipo estaba en descenso, agora hai tres equipos por baixo", lembrou.

Recalcou que ve a un vestiario sen medo e "con calidade e ferramentas para conseguir o obxectivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade