Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Alonso confía en puntuar ante o R. Madrid: "Se damos a nosa mellor versión, temos algunha posibilidade"

Fran Alonso confía en puntuar ante o R. Madrid: "Se damos a nosa mellor versión, temos algunha posibilidade"

A temporada pasada empataron 2-2

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 19/09/2025 13:49 Última actualización 19/09/2025 14:02

Chegou a primeira vitoria do Dépor ABANCA esta tempada ante o Athletic Club. Un triunfo de moito mérito fronte a un dos clásicos da liga F, pero que é o paso previo a un enfrontamento maior contra o Real Madrid precedente do acontecido o ano pasado cando empataron 2-2

O equipo de Fran Alonso enfróntase este domingo á súa primeira gran proba nun ano no que quere aspirar a máis que unha salvación sufrida. Despois de lograr os tres puntos, o técnico destacou o crecemento das súas xogadoras.

"Se damos a nosa mellor versión, algunha posibilidade temos de sacar algo".

"O equipo logrou ter esa madurez para explotar o espazo ás costas. A lectura do partido por parte do equipo foi boa e sacar os tres puntos contra un rival como o Athletic Club ten moito mérito".

Unha madurez que conseguiu tamén coa chegada de incorporacións experimentadas na categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos