Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fortes caídas nas bolsas pola alza do prezo do cru e o gas

Fortes caídas nas bolsas pola alza do prezo do cru e o gas

O Ibex 35 modera a media sesión a caída da apertura, cando perdía case un 3 % 

As principais bolsas de Asia rexistrarons caídas importantes, especialmente as de Seúl e Toquio. ​​​​​​​

O barril de petróleo supera os 100 dóares por mor da guerra en Irán

EFE/Altea Tejido Sánchez EFE/Altea Tejido Sánchez
G24.gal 09/03/2026 09:29 Última actualización 09/03/2026 12:58

O Ibex 35 limitaba levemente a súa caída na media sesión deste luns ata o 2,17 %, desde o descenso de máis do 3 % que rexistrara na apertura. En todo caso, o selectivo perde case 400 puntos respecto ao venres, ata situarse nos 16.720 puntos.

Aínda que o barril de Brent chegara nas últimas horas a superar os 118 dólares por barril, cara á media sesión europea cotizaba en 106,17 dólares, un 14,56 % máis. Do seu lado, o West Texas Intermediate (WTI) alcanzaba os 103,45 dólares, un 13,83 % máis.Os futuros europeos de gas natural, negociados na plataforma TTF, alcanzaba os 62,36 euros o megawatt hora, un 16,80 % máis.

A fin de semana, tanto os Emiratos Árabes Unidos como Kuwait anunciaron que recortaban a produción de petróleo pola suspensión de tráfico marítimo no estreito de Ormuz. Do seu lado, Iraq anunciaba tamén onte que o seu almacenamento de petróleo alcanzara a súa capacidade máxima.

Na rexión, a empresa enerxética de Barhein, Bapco Energies, e QatarEnergy, un dos maiores exportadores mundiais de gas natural licuado (GNL) activaron nos últimos días a cláusula de "forza maior" nas súas operacións.

O estreito de Ormuz é a principal ruta de transporte de petróleo e gas do mundo. Por aquí transita ao redor dun de cada cinco barrís de petróleo, e calquera interrupción nesta vía ten un impacto inmediato sobre a economía mundial.

En todo caso, tras a paralización da produción en varios países e a repunta do prezo do cru, coñeceuse que os países do G7 debaterán nunha reunión de emerxencia este luns a posible liberación conxunta das reservas de petróleo coordinadas pola Axencia Internacional da Enerxía (AIE).

O resto dos principais índices europeos tamén reaccionaba con caídas na media sesión. Londres deixábase un 1,36 %; París, un 2,12 %; Frankfurt, un 1,74 %; e Milán, un 1,78 %.

As principais bolsas de Asia rexistraron este luns marcadas caídas, especialmente as de Seúl e Tokyo. 

O referencial da Bolsa de Seúl, o Kospi, caeu un 5,96 % ou 333 puntos, ata os 5.251,87, nunha xornada na que as negociacións se suspenderon temporalmente despois de que o indicador superase o 8 % negativo.

O referencial nipón, o Nikkei, afundiuse un 5,2 % ou 2.892,12 enteiros, ata as 52.728,72 unidades, na que supón a súa terceira maior caída en puntos da historia.

As principais bolsas continentais chinesas e a de Hong Kong tamén pecharon en vermello. O referencial de Shanghái deixouse un 0,67 % e terminou en 4.096,60 enteiros, mentres o de Shenzhen perdeu un 0,74 %, ata os 14.067,50. En Hong Kong, o Hang Seng cedeu un 1,35 % ata os 25.408,46 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade