Cargando resultados...
Formoso non desvela se volverá aspirar á alcaldía das Pontes
Formoso non desvela se volverá aspirar á alcaldía das Pontes
Os socialistas galegos elaboran o relatorio para as municipais de maio
G24.gal
04/02/2023 15:45
Os socialistas galegos tamén mantiveron hoxe o seu primeiro encontro para elaborar o relatorio con vistas aos comicios municipais.
O delegado do Goberno, o presidente da Fegamp e a alcaldesa de Betanzos serán os coordinadores deste documento.
O obxectivo que fixan no PSdeG é revalidar os resultados dos comicios anteriores e ser a forza maioritaria. O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, segue sen desvelar se aspirará a revalidar o seu cargo como alcalde das Pontes. Esa decisión coñecerase axiña, dixo.