Cargando resultados...
Traballadores de Correos inician paros demandando suba de salarios e mellores condicións
O comité advirte que, de non avanzar nas negociacións, a folga podería estenderse durante o Nadal
G24.gal
28/11/2022 14:52
Este luns o primeiro día hábil, despois do Black Friday. E tamén é a primeira xornada de mobilizacións que levan a cabo os traballadores de Correos. Aseguran que non conseguen avanzar na negociación dun novo convenio colectivo que inclúa melloras salariais e tamén melloras nas condicións laborais.
Na práctica isto tamén se traduce no atraso na entrega de millóns de paquetes que tiñan que chegar a destino estes días. E non só iso, senón que, de non chegar a acordo, a paralización do servizo podería alongarse con vistas á campaña do Nadal.