Cargando resultados...
Finalmente chegou unha semana tranquila para Veljko Mrsic
O técnico do Breogán puido contar ao fin coa totalidade do cadro de xogadores
G24.gal
11/02/2022 13:29
O domingo ás 17:00 o Breogán recibe no Pazo ao Valencia Basket e, logo dun tempo moi convulso pola incidencia da covid, o seu técnico Veljko Mršić puido adestrar coa totalidade do seu cadro de xogadores.
Mršić considera ao Valencia un equipo "moi completo", pero analiza unha posible debilidade: "teñen capacidade para anotar moito e ás veces non se preocupan demasiado da defensa", asegurou.
O bosníaco Džanan Musa recibiu o premio ao mellor xogador do mes de xaneiro do Breogán.
"É unha honra que me recoñeza como o mellor xogador unha afección como a de Lugo", comentou Musa.
Sobre o partido do Valencia Basket, Musa ten claro que van gañar.