Publicador de contidos

Publicador de contidos

Finaliza unha complexa fin de semana de tráfico nas estradas

Finaliza unha complexa fin de semana de tráfico nas estradas

Nas estradas galegas non se produciron vítimas dende o inicio da ponte

G24.gal 01/11/2021 15:20

Esta próxima medianoite remata o operativo especial de tráfico nesta ponte festiva. A Garda Civil multiplicou a vixilancia nas estradas galegas, onde desde o inicio do dispositivo, o venres pasado, non se rexistrou ningunha vítima.

A operación especial de Tráfico oriéntase tanto aos movementos de longo percorrido motivados pola ponte de Todos os Santos coma aos de curto, relacionados coas visitas aos cemiterios.

Para garantir a fluidez do tráfico, os axentes fan controis aleatorios nas estradas, nos que, ademais de comprobaren a velocidade e a documentación, vixían que os condutores cumpran con todas as normas.

Nesta ponte festiva a chuvia é un factor que está a afectar á condución, así que, hai que extremar as precaucións ao volante. Coincide ademais co cambio de hora, que fai que escureza antes, o cal incrementa os riscos porque a condución nocturna é máis perigosa.

O dispositivo especial manterase ata o luns ás doce da noite. Polas estradas galegas, Tráfico prevé que pase o nove por cento de todo os desprazamentos que se agardan durante esta ponte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade