Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Chelsea remonta no segundo tempo e acaba co soño europeo do Betis (1-4)

O Chelsea remonta no segundo tempo e acaba co soño europeo do Betis (1-4)

Abde marcou para o equipo español nunha primeira metade na que puido conseguir algún gol máis

Os goles de Enzo Fernández e Jackson en cinco minutos foron un golpe letal na final da Conference League

G24.gal 28/05/2025 22:19 Última actualización 28/05/2025 22:48

Rematou o soño do Betis de lograr o primeiro título europeo da súa historia. Perdeu a final da Conference diante do Chelsea (1-4) que remontou no segundo tempo. 

O partido non puido comezar mellor para o Betis. Antes do minuto dez xa gañaba grazas ao gol marcado por Abde logo dun gran pase de Isco. 

Malia o gol o equipo de Pellegrini non deixou de buscar o segundo. O Chelsea tiña máis posesión pero as oportunidades eran do Betis. Bartra ou Natan tiveron dúas posibilidades de marcar o segundo pero atoparon a resposta do ex porteiro do Vilarreal Jorgensen. 

Aguantou o Chelsea e no segundo tempo entrou mellor no partido. Froito diso logrou o empate Enzo Fernández no minuto 66 e no 71 Nicolas Jackson marcaba o segundo a centro de Palmer.

No minuto 83 quedou sentenciada a final cun gol de Sancho, que entrara minutos antes no partido. Caicedo puxo o definitivo 1-4 cando xa estabamos no tempo engadido. O Chelsea ergue a primeira Conference League da súa historia despois de gañar dúas Champions e dúas Europa League. Quitoulle así ao Betis a posibilidade de lograr o seu primeiro título europeo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade