Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin do suspense: Koldo García comparecerá o luns no Senado

Fin do suspense: Koldo García comparecerá o luns no Senado

O Senado finalmente contactou co exasesor de Ábalos e confirma que abrirá a comisión de investigación

O PP ampliará o obxecto desta comisión, pero sen aclarar se lle afectará a Pedro Sánchez e a súa muller, Begoña Gómez

O PSOE accede a cambiar a lista de comparecentes no Congreso para evitar que declaren os fiscais 

Koldo García avisa de que non dirá nada que poida prexudicar a investigación xudicial
G24.gal 18/04/2024 14:25

Foi difícil, pero lográrono. O Senado conseguiu finalmente contactar con Koldo García para informalo de que está citado próximo luns na comisión de investigación que leva o seu nome 
O que fora asesor do exministro Ábalos confirma que acudirá, pero avisa e deixa claro que non dirá nada que poida entorpecer as accións xudiciais. 

Dous días despois sentará na mesma cadeira o exministro de Sanidade, Salvador Illa. E o 6 e maio, en plena campaña electoral en Cataluña, o Senado citou a José Luis Ábalos. 

O Partido Popular vai ampliar o obxecto desta comisión, pero evita aclarar se lles efectará a Pedro Sánchez e á súa muller, Begoña Gómez.

Na outra cámara, no Congreso, o PSOE tardou 24 horas en emendarse a si mesmo. Finalmente, cede ás presións do Goberno e da Fiscalía e estuda como evitar que comparezan os tres fiscais. Sumar respectará a decisión. O PSOE aceptara esas comparecencias a petición de Bildu e Junts, pero agora votarán de novo para excluílos da lista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade