Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fernando Pumar non volverá xogar no Rácing de Ferrol

Fernando Pumar non volverá xogar no Rácing de Ferrol

Pumar: "Son 34 anos, dous cruzados, cheguei a pensar que podía xogar na Segunda"

G24.gal 05/02/2024 15:03 Última actualización 05/02/2024 15:09

Fernando Pumar non volverá xogar máis no Rácing. O director deportivo do club ferrolán, Carlos Mouriz, e o futbolista ourensán, explicaron que a entidade tomou a decisión de deixar sen ficha federativa ao lateral, o único xogador de campo que aínda non participou no que vai de liga.

“Tomo as decisións que teño que tomar, independentemente de que sexan máis ou menos agradables”, recoñeceu o dirixente racinguista.

“Pero se o que el sente e necesito darlle as grazas por todo o tempo que estivo connosco, o que se esforzou e o compromiso que fai no día a día para que sexamos mellores”.

"Pumar foi un compañeiro de viaxe case único"

"Deulle máis como persoa que como xogador, e iso que futbolisticamente deulle moito"

Pumar pola súa banda, recoñeceu que “desde o principio da tempada tentei estar ben para estar dispoñible... pero agora vou máis pola ilusión e as ganas de tentar sumar que porque fisicamente estea ben”.

"Son 34 anos, dous cruzados, cheguei a pensar que podía xogar na Segunda".

O xogador, de todas as maneiras, espera seguir achegando día a día fóra do campo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade