Cargando resultados...
Ferido un mozo nunha liorta nas inmediacións dunha discoteca en Ferrol
Reclaman máis presenza das forzas de seguridade no barrio de San Xoán ante a proliferación de liortas
O mozo quedou tendido no chan tras recibir unha patada na cabeza
Marta González Salve
27/06/2022 13:50
Tendido no chan e cunha brecha na cabeza tras recibir unha forte patada. Así rematou a liorta que contra as 8 da mañá se producía na praza de San Xoán, en Ferrol, tras o peche da sala de festas. Os veciños aseguran que os incidentes son constantes.
Malia que aseguran que a sala de festas incumpre os horarios de peche, exímena das liortas e o comportamento dos clientes no exterior do local.
Liortas que ademais provocan danos materiais en portais e vehículos aparcados na praza.
Reclaman máis presenza policial na zona e que se respecten os horarios de peche dos locais de ocio nocturno.